jueves, 16 de julio de 2009

DÍA DO CARME NA ILLA

Hoxe é o do Carme na illa de Ons qué vos parece? algúns colaboradores do Blog propuxeron unha maneira de felicitar ás Cármenes da illa, pero a Organización é a que decide e o mellor xeito de celebralo é cunha CANCIÓN así que todos a cantar!! Alfredo saca o acordeón!!!


Ven bailar Carmiña,
Carmiña, Carmela
con zapato branco,
con media de seda,
con media de seda
de seda calada,
ven bailar Carmiña,
miña namorada.

Os zapatos piden medias,
as medias piden zapatos,
as raparigas bonitas
piden rapaciños guapos.

Ven bailar Carmiña,
Carmiña, Carmela
con zapato branco,
con media de seda,
con media de seda
de seda calada,
ven bailar Carmiña,
miña namorada.

0 comentarios:

Publicar un comentario